CONTADOR DE VISITAS

mércores, 30 de setembro de 2015

POQUÉ

Presentámovos a Poqué, a nosa mascota.

É un zorro que ten un saco vermello que nos deixa sorpresas nel. O outro día tiña na bolsa unha carta que nos dicía que para que a profe nos contase o conto do día debiamos encontrar as "Gafotas Máxicas" Tíñamos que buscalas pola clase, nun lugar moi quente.


Unha, dúas, tres... A buscalas... Xoel atopounas no forno ca cocinita.



No saco tamén había unas letras que, ao ordealas, formaban a palabra:
ARCIMBOLDO


Así, co conto e coas letras coñecimos a este pintor. Axudádesnos a investigar sobre el?


sábado, 12 de setembro de 2015

FOTOMATÓN

O venres ao entrar na clase atopamos o noso amigo "Mono" cun marco de fotos... Que vos parece se nos sacamos unha foto?



xoves, 10 de setembro de 2015

COMEZAMOS O COLE

Cole novo, amigos novos... O primeiro día de cole fixemos un pequeno xogo para presentarnos, dixemos o noso nome, os anos que tíñamos e de que cole viñamos. Despois exploramos a nosa clase. O que máis nos gustou? Os xoguetes.... 
Mirade:




mércores, 9 de setembro de 2015

BENVIDOS

Ola familias!
Benvidos o noso blogue, aqui poderedes ver as experiencias e aventuras que vivimos día a día no noso cole. O nome elixímolo nós, propuxemos distintas opcións, o que máis nos gustou foi "Los Pitufos Azules", que foi idea da nosa amiga Xisela.
Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós.
Un biquiño moi grande para todos/as.