CONTADOR DE VISITAS

domingo, 25 de outubro de 2015

PROXECTO PREHISTORIA

Esta semana varios nenos/as trouxeron cousas para que podamos traballar a prehistoria:

Ameliana contounos que na peli "The Croods" podemos ver unha aventura prehistórica:


Roy trouxonos a réplica dunha caverna, lugar onde vivían os prehistóricos. Ademais contounos para que utilizaban o lume, como facían a roupa e mostrounos un traxe de cavernícola.


Carolina, Hugo e Xoel trouxeron información sobre dinosauros. Así coñecimos que non viviron na época que investigamos. Cando desapareceron foi cando empezou todo!!

 

Este venres seguimos aprendendo cousas da época, traballamos en equipo para ir completando o "GRAN LIBRO DA PREHISTORIA". Pocuco a pouco veremos mais cousas sobre este traballiño:


                                                                                                      





MAGOSTO

A primeira festa no CEIP DE OLEIROS estaba a piques de chegar... Tíñamos que prepararnos...

Para eso preparamos un soporte para as castañas. Decoramos con gomets un cartón de leite e colocámoslle enriba unha simpática castaña.




Todo listo... Así que o venres fumos o patio de primaria para degustar as castañas en compañía de todos os nenos/as do cole.



PROXECTO: A PREHISTORIA

A semana pasada atopamos a Manny, o mamut peluche que temos na clase, na bolsa de Poqué, e unha tarxeta que puña "Viví en la Prehistoria".




Que é a Prehistoria? Fixemos un debuxo sobre o que sabíamos do tema. Non é moito pero pronto investigaremos e aprenderemos cousas novas, axudádesnos?






                                    


domingo, 18 de outubro de 2015

XOGAMOS CON DADOS

O mércores  para reforzar o coñecemento dos números e a relación dixito-cantidade fixemos un xogo.
Formamos dous equipos, verde e amarelo. O obxectivo era tirar o dado e quitarlle o equipo contrario a tarxeta do número que saia no dado. A victortia sería para o equipo que tiña máis tarxetas. 
Despois de moitos nervios...O equipo gañador foi... O AMARELO.



REGLETAS CUISENAIRE

Esta semana coñecimos un xogo novo, as relgetas. Trátase dunha serie de regletas, cada unha representa un número que iremos coñecendo pouco a pouco.



Con elas traballaremos conceptos lóxicos matemáticos dun xeito lúdico e de maneira manipulativa: os números, a relación dixito-cantidade, a composición e descomposición de números, entre outros. 
Antes de nada, manipulamos o novo material libremente sabendo que número representa cada regleta até o 6.



mércores, 14 de outubro de 2015

CREAMOS COMO ARCIMBOLDO

O conto que nos deixou Poqué contábanos algunhas cousas sobre Giuseppe Arcimboldo:

* Naceu en Milán. Italia. Atopámolo no mapa, ten forma de bota con tacón!

*O seu pai tamén foi pintor.

*Gustáballe pintar retratos con froitas e verduras.

OUTONO

*Facía maxia coas súas obras: un bol con verduras ou un home?


Ademais, o conto propúñanos que fixésemos unha obra o estilo do pintor. Para iso recortamos froitas e verduras de publicidade de supermercados... Mirade como traballamos nos nosos retratos:



E onde expoñen os artistas as súas obras… En MUSEOS.. 
Así que lles propuxen facer o noso propio museo. Pero, como podíamos chamalo? despois de varias opcións dadas polos peques o máis votado foi…MUSEO MASCOTAS:




Pouco a pouco iremos completando o noso museo... somos uns ARTISTAS!



martes, 13 de outubro de 2015

CUMPLE HUGO

Onte foi o cumple do noso compañeiro Hugo, hoxe celebrámolo no cole. Cantámoslle o cumpreanos feliz, tirámoslle das orellas e comimos un rico biscoito e uns aspitos. 
Moitas felicidades!!!



sábado, 10 de outubro de 2015

PARABÉNS CHICOS/AS!!

Desde que empezamos o cole non paramos celebrar os cumples dos nosos nenos/as, queredes velos? 

ZOE


AROA


XAVI E LUCAS


EVA


MOITAS FELICIDADES!