CONTADOR DE VISITAS

mércores, 30 de setembro de 2015

POQUÉ

Presentámovos a Poqué, a nosa mascota.

É un zorro que ten un saco vermello que nos deixa sorpresas nel. O outro día tiña na bolsa unha carta que nos dicía que para que a profe nos contase o conto do día debiamos encontrar as "Gafotas Máxicas" Tíñamos que buscalas pola clase, nun lugar moi quente.


Unha, dúas, tres... A buscalas... Xoel atopounas no forno ca cocinita.



No saco tamén había unas letras que, ao ordealas, formaban a palabra:
ARCIMBOLDO


Así, co conto e coas letras coñecimos a este pintor. Axudádesnos a investigar sobre el?


Ningún comentario:

Publicar un comentario