CONTADOR DE VISITAS

sábado, 23 de abril de 2016

TRABALLANDO EN FAMILIA

O xoves recibimos unha visita moi especial, as mamás de Ame e Zoe para axudarnos a facer un papiro exipcio.
Levamos un tempo investigando sobre o Antigo Exipto no que aprendimos moitas cousas. Entre as investigacións que fixemos averiguamos que no Antigo Exipto só uns poucos aprendían a ler e escribir, eran os escribas. Para facelo non utilizaban letras coma nós senon uns signos sagrados chamados xeroglíficos. Os Faraóns sempre ían acompañados dun escriba que anotaba todas as cousas importantes que pasaban. Como non existía o papel anotábano nunhas láminas feitas coa planta chamada Papiro que crecía na beira do río Nilo. 

Como Exipto nos queda un pouco lonxe para ir a buscar a planta fixemos os nosos papiros con cola blanca, café, gasa e cartolina.
A traballar!!!


Só queda pintalos pero como aínda tiñan que secar pedímoslles a Tere e Andrea que volveran outro día para rematar o taller, así que, a vindeira semana terémolas de novo na clase.
Para agradecerlles a visita agasallámolas cun diploma e unha flor.

CAROL CUMPLE 6 AÑOS!

O mércores celebramos na clase o cumple de Carolina.
MOITAS FELICIDADES PIRULA!!


SEMANA DO LIBRO

Con motivo do día do libro esta semana varias familias visitáronnos para contarnos un conto. Todos os nenos e nenas de infantil xuntámonos na biblioteca do cole para escoitar esas marabillosas histórias e gozar coa visita dos papis.

O LUNS visitounos a mamá de Uxía, Rebeca, e contounos "El bolso de Lisa"



O MARTES estivo a tía de Rita cos seus alumnos/as do cole CEE Nuestra Señora de Lourdes. Contáronnos "La flor perdida".





O MÉRCORES agardábanos na biblioteca a tía de Fidel para contarnos "La ovejita que vino a cenar".


O XOVES disfrutamos do conto "El sueño de la vaca" grazas a visita dos papis de Ameliana.








O VENRES coñecimos a historia "El ratón de campo y de ciudad" gracias a visita da mami de Aritz.




A próxima semana teremos máis contacontos, quen virá a visitarnos?

MOITAS GRAZAS A TOD@S! 
ENCANTOUNOS A VOSA VISITA...
VOLVEDE PRONTO!!



MOCHILA VIAJERA

Esta semana es Eva quien tiene nuestra mochila viajera, esperamos que la esté disfrutando mucho...



sábado, 16 de abril de 2016

O RATO FUCO

Onte voltamos a Rialeda a disfrutar da historia "O Caracol namorado" co noso amigo Fuco. Manolo, o caracol, estaban tan enamorado da rá que ata perdeu o apetito...






xoves, 14 de abril de 2016

O SEÑOR PIPIN

Hoxe fumos visitar a biblioteca do cole, grazas o bo traballo do equipo de biblioteca empeza a funcionar. Coñecimos a súa mascota, o Señor Pipín, a profe contounos o conto "Chocolata" e tamén falamos de como debíamos comportarnos nas bibliotecas.
Para rematar, individualmente ou en pequeno grupo, "limos" algún dos contos que hai e escollemos un para levar para casa, que volverá o luns para o cole...
Mirade, mirade:



luns, 11 de abril de 2016

MOCHILA VIAXEIRA

Esta semana tocoulle a Ame e a súa familia disfrutar dos contidos da mochila.

TWISTER

E que mellor maneira que o twister para traballar o contido dereita/esquerda. Temos un pouco de lío pero pronto as distinguiremos.
Mirade que ben o pasamos:





domingo, 10 de abril de 2016

NOVOS AMIGOS NA AULA DE 5 ANOS

O venres Poqué deixonos unha caixiña con algo dentro. 



Non sabían o que era, conteilles que son ovos de gusanos. Falamos sobre eles. Nacen de ovos na primavera e solo comen moreira, pasan o día comendo e crecendo e cando xa son grandes fan un casulo de seda. Alí quedan un tempiño mentres sucede algo máxico... convértense en fermosas bolboretas!

Agora xa temos ganas de que nazan e coidalos moi ben para poder ver a súa transformación día a día.

Para rematar limos o conto: 



EXPERIMENTO

Esta semana hicimos un experimento con una planta llamada "sombrilla japonesa", las metimos del revés en un jarrón y la pregunta fue ¿Que le pasará?... Algunas de sus respuestas fueron:
- El agua se volverá verde.
-La planta desaparecerá.
-Se morirá
-La sombrilla le nacerá por el tallo.

Para saber lo que le ocurre tenemos que tener paciencia y esperar... Por ahora todo sigue igual...



CLASE DE MÚSICA COA PROFE BEA



CONTACONTOS: LOBO BOBO

O luns voltamos a biblioteca Rialeda o contacontos LOBO BOBO.
Mirade as fotos, veredes que ben o pasamos:

MOCHILA VIAXEIRA

Esta semana a nosa mochila está na casa de Lucas...
Mañá voltará ao cole, quen será o próximo?