CONTADOR DE VISITAS

mércores, 24 de febreiro de 2016

ROSALÍA DE CASTRO

Unha das datas importantes coñecer é o 24 de febreiro, día no que naceu Rosalía de Castro. Por iso, en infantil, decidimos renderlle unha pequena homenaxe dandoa a coñecer aos máis cativos.
Coñecimos a Rosalía a través dun powerpoint que a presentaba, recitamos a poesía "Parece unha rosa" e fixemos uns crebazabezas coa súa imaxe.
Fixemos tres equipos, tíñamos tres puzzles para facer. A cada membro do equipo (que eles mesmos formaron) deilles para pintar unha das pezas de cada crebacabeza. Cando ás remataon, buscaron nos outros equipos os compis que tiñan as pezas que formaban a imaxe completa desta poetísa.
Agora están expostos na entrada do noso cole, xunto cos que fixeron os nosos amigos de 3 e anos.
Quedaron chulísimos, mirade, mirade.











martes, 23 de febreiro de 2016

MOCHILA VIAXEIRA

Comezamos unha nova actividade, a MOCHILA VIAXEIRA. Trátase dunha mochila chea de cousas coas que divertirse (contos, puzzles, pen drive con cancións...) e ademáis unha pequena tarefa para facer en familia, o libro: "Por que me chamo así?". Sae do cole o luns dirección: unha das nosas casas. Volverá de volta o seguinte luns para que outra familia desfrute dela. Esta semana levouna Hugo, quen será o próximo?



ACUARIUM

Onte fumos de visita ó Acuarim, foi unha mañá moi divertida na que aprendimos novas cousas sobre a vida dalgúns peixes. Por suposto, o que máis nos gustou foi ver a Gastón, o tiburón, que a maioría de nós xa o coñecíamos doutras ocasións.
Mirade que ven o pasamos!!

domingo, 21 de febreiro de 2016

14 DE FEBREIRO

O domingo pasado foi o día do amor e a amizade. Ame preparounos estas deliciosas magdalenas para compartilas con nós e celebrar dito día.
Moitas grazas a Ame e a súa familia!


martes, 16 de febreiro de 2016

HORTO ESCOLAR

Comezamos o horto, o profe chámase Fran e na sesión de hoxe fixo un xogo de presentación para coñecer os nosos nomes, falounos do que íamos a facer con el ao longo do curso e presentounos distintas ferramentas que precisaremos para traballar a terra. Despois, levounos a ver onde está o horto, pretiño do noso patio.


domingo, 14 de febreiro de 2016

MONSTRUO ROJO

Antes de carnaval estuvimos hablando de la rabia...
¿Sabéis cuando sienten rabia?
Mirar, mirar



CUMPLE XOEL

O venres celebramos que Xoel xa ten 6 anos. Cantámoslle a canción, tirámoslle das orellas e sopramos a vela.
Moitas grazas Xoel pola merenda tan rica que nos trouxeches!!

PARABÉNS!!!



sábado, 6 de febreiro de 2016

VENRES DE ENTROIDO

Por fin chegou o esperado venres para disfrazarnos todos iguais de aros olímpicos e antorchas. Comezamos a mañá cun paseo polas rúas de Nós, acompañados das nosas familias e lucindo os nosos disfraces. Ao chegar de novo ao cole festexamos seguimos a festexar o entroido cunha pequena festa, bailamos, xogamos e degustamos doces típicos da festa.
Pasámolo pipa, mirade que guapos estábamos.


Hoxe é o cumple de Xoel, onte trouxonos unhas chuches para celebralo pero decidimos deixalas para a volta destes días de descanso e así celebralo tranquiliños.
O xoves festexámolo todos xuntos.
FELICIDADES PITUFO! 

mércores, 3 de febreiro de 2016

DÍA DA PAZ NO CEIP DE OLEIROS

No cole todas as aulas celebramos o día da Paz, queredes velo? Pinchade no video:




MARTES E MÉRCORES DE ENTROIDO

COMO O MARTES É UN DÍA IMPORTANTE
TERÁS QUE VIR ELEGANTE!



SE O MÉRCORES TE QUERES DIVERTIR 
UN PIXAMA TERÁS QUE VESTIR



luns, 1 de febreiro de 2016

Hoxe visitounos Pedro para contarnos "O segredo de Flora"




LUNS DE ENTROIDO

Mandato do luns cumprido....


E para mañá:

COMO O MARTES É UN DÍA IMPORTANTE
TERÁS QUE VIR ELEGANTE