CONTADOR DE VISITAS

mércores, 30 de decembro de 2015

FESTIVAL DE NADAL

O venres 18 foi un día especial no cole. Fixemos o primeiro festival de nadal, cada aula preparou unha actuación para representar diante dos nosos compañeiros. Nós bailamos, cantamos e tocamos a canción Navidad Rock.
Mirade que ven o fixemos:



Así de guapos estábamos:




Despois do festival tíñamos que recuperar enerxía para iso fixemos unha merendola entre todos os nenos/as de infantil. Gracias pola vosa participación. Estaba todo boísimo:




E, ao rematar de merendar, unha gran sorpresa, visitounos Papá Noel:


 Foi un día cheo de actividades, pasámolo xenial




xoves, 10 de decembro de 2015

ARCIMBOLEANDO!

Hoy hicimos la última tarea sobre Arcimboldo. Con los alimentos que trajeron de casa formamos retratos tal y como hacía el pintor.  Cuando terminaron cada equipo explicó a los otros dos que le habían puesto y el porqué.
Quedaron chulísimos, 
Mirar, mirar:



Este equipo decidió ponerle bigote y barba. Además sinos fijamos también le pusieron pestañas con macarrones y pecas en las mejillas con lentejas. Dentro de las rodajas de pimiento  aunque no se aprecia pusieron lentejas. Precioso!!





Con pepinillos hicieron los ojos y los especificaron genial con las lentejas. También les pusiron cejas y¿ a que no sabéis que representan los limones? Pues son los dientes. La hoja de puerro de arriba es el bigote, se lo pusiron por encima de la nariz. Esto es creatividad!!




¿Que decis de las pestañas? al minimo detelle las representaton. Para la nariz utilizaron dos rodajas de pepinillo y también le pusieron bigote. Para las orejas me pidieron que les partiera una manzana en dos trozos. Menudos artistas.

Os dejo las fotos de toda la actividad a continuación. La hicimos a primera hora del día y en el momento de juego libre podían acudir a jugar con ellos con el objetivo de formar nuevos rostros. Cuando me di cuenta tenía a master chefs en clase. Con los juguetes de la cocinita se metieron tanto en el papel que casi me encuentro con la comida del mediodía preparada.





domingo, 6 de decembro de 2015

CUMPLE XISE

O xoves celebramos o cumple da nosa compi Xisela. A súa mami trouxonos un biscoito boísimo e aprovitamos para que cantara con nós o cumpleanos feliz.
Ademais tamén lle dimos o noso agasallo e tirámoslle das orellas.

MOITAS FELICIDADES PITUFA!!



mércores, 25 de novembro de 2015

NON A VIOLENCIA DE XÉRNERO.

Hoxe adicamos o día a traballar a violencia de xénero, fixemos varias actividades:
-Conversamos sobre o que significaba.
-Contamos o conto: O país dos mandóns
-Puxémonos un lazo morado no xersei.
-Hinchamos un globo morado. Cos globos de todos os nenos/as do cole fixemos varios lazos morados nos cristais do edificio.










PRÉSTAMO DE CONTOS

Comezamos cunha nova actividade. Cada neno/a trouxo ao cole un conto para compartir cos seus amigos/as. Os xoves levarán un para casa, o luns volverá a escola. O obxectivo é promover entre os nenos/as o gusto pola lectura e os contos.
Para organizar os préstamos contamos cunha taboa de dobre entrada. Cada conto ten un número, cada neno/a pegará un gomet en forma de círculo no cadro correspondente, cando o devolvan porán enriba do circulo un triángulo. Deste modo serán eles os responsables do préstamo.




UN CONTO ESPECIAL!

O luns recibimos unha visita moi especial. Pedro, de 5º de Primaria, visitounos na nosa aula e contounos un conto sobre a Prehistoria, "Cromiñón". Encantounos a sorpresa e o conto.
Moitas grazas Pedro!
Volve pronto.


luns, 23 de novembro de 2015

domingo, 22 de novembro de 2015

ARTE RUPESTRE

Esta semana estivemos traballando a arte rupestre. Aprendimos que os prehistóricos fabricaban pintura con materiais naturais que despois utilizaba para pintar nas cavernas.

Vimos exemplos de pinturas rupestres no ordenador da aula, obras atopadas nas Covas de Altamira.

Despois de falar delas fixemos as nosas propias: mans en positivo e negativo, animias, cazadores... Quedarán chulisimas no noso gran dosier da prehistoria.

Ademais tamén averiguamos que na época facían grabado rupestre. Tallaban nas rocas figuras xeométricas, espirais... Para imitalos mezclamos plasti negra e blancan simulando unha roca, aplastámola e sobre ela fixemos cada un de nós un debuxo cun pao de padeira..



BIBLIOTECARIO

Seguimos traballando arte con Arcimboldo. Coñecimos unha obra máis de este autor, "O Bibliotecario".


Primeiro describímola, comentamos o que vimos nela. Despois intentamos facelo nós en 3D con contos da aula pero non fumos capaces, caíansenos cada vez que tentabamos colocar un.  Así que decidimos facela en papel.
Primeiro recortamos follas dun libro moi vello que tiña a profe, pegámolas nunha cartulina e por riba fixemos un retrato.
Mirade que chula nos quedou:



PREHISTORIA

Aroa trouxonos esta semana un mural con moita información sobre esta etapa. Explicouno moi ben: como facían lume, os instrumentos que fabricaban para cazar, que intentaron a roda que lles facilitaba o traballo...
Moitas grazas Aroa e a súa familia por axudarnos na nosa investigación!


A semana pasada coñecimos que no Neolítico os prehistoricos eran cazadores, pescadores e recolectores. Ademais de plasmalo no noso gran libro da prehistoria fixemos unhas canas de pescar.

1º pintamos un tubo de papel de cociña (pao)
2º coloreamos e pegamos papeliños nun pez
3º armamos a cana de pescar cun fio de lá, unindo o tubo co peixe (tendónsde animais ou pita).

Mirade como as fixemos:
O resultado verémolo esta semana,






domingo, 15 de novembro de 2015

Prehistoria

Máis aportacións para seguir investigando sobre a Prehistoria. 

  • Hugo trouxo un conto con moita información


  •  Asier un pen drive con un conto e unha pelicula


  •  Xisela explicounos como pintaban nas covas


  •  Ameliana trouxonos a peli "Croods" e un debuxo:


  •  Caro un conto sobre Mamuts



  •  Xoel un debuxo 


OTOÑO DE ARCIMBOLDO

Seguimos traballando a Arcimboldo facendo unha das obras que representa a estación na que nos atopamos "El Otoño".
Primeiro sacamos unha foto de perfil e pintamos elementos do outono para facer un collage con eles e a nosa foto.
Para o marco estampamos con esponxas temperas dos cores do outono.
Xa os temos expostos no noso museo
Mirade que chulis:


martes, 3 de novembro de 2015

CUMPLE NOA

Hoxe celebramos o cumple de Noa. Despois de cantarlle o cumpreanos feliz, tirarlle das orellas e soprar a vela comimos un delicioso biscoito e unhas chuches.
Pasámolo xenial.
MOITAS FELICIDADES PITUFA



luns, 2 de novembro de 2015

SEGUIMOS APORTANDO INFORMACIÓN

O longo da semana pasada trouxemos máis información sobre a Prehistoria:

- Zoe coa axuda do seu avó fixo unha lanza e explicounos de que materiais a construían e de que estaba feita. Tamén nos contou como facían as cordas.



- Xavi e Lucas explicáronnos como cazaban os animais: facían un burato no chan e cando o animal caia dentro del clavábanlle unha lanza. Coa pel cosían a súa roupa.


MOITAS GRAZAS FAMILIAS. SEGUIREMOS INVESTIGANDO!



domingo, 1 de novembro de 2015

SAMAÍN

Esta semana con motivo da celebración terrorifica do Samaín fixemos varias actividades, queredes velas?

* Decoración de cabazas: cada neno/a trouxo unha cabaza que decorou en colaboración coas familias. Estiveron expostas no corredor. Mirade que chuladas,
Moitas grazas por participar:




*Conto de medo: O luns atopámonos a Poqué cun conto e coas gafas máxicas: Era un conto especial. Grazas ao conto cada un falou dos seus medos...



Pensamos en eso que nos daba tanto medo... e mirade que cara se nos quedou:


Coas fotos fixemos un traballiño que decorou a porta da clase:


* Queimada dos medos: falamos de que os medos debiamos superarlos e saber convivir con eles, ás veces non desaparecen de todo pero si nos permitiran levalos mellor.
Así que escribimos/debuxamos o nosos medos e os queimamos, despois de decir un conxuro.









*Taller de maquillaxe: Mirade que guapos!




*Fumos de paseo polo cole para ver as portas das outras aulas e as súas cabazas:







* O xoves viñemos disfrazados ao cole, estabamos todos moi guapos,pero dábamos un pouco de medo. Ademais, cos nosos amigos/as de 3 e 4 anos vimos a peli "A bruxa regañadentes" e fixemos un desfile para que todos viran os nosos disfraces.






Tamén recibimos unha visita sorpresa: os nenos/as de 1º viñeron a ensinarnos as galletas que fixeran. Chulísimas!!!



FOI UNHA SEMANA TERRORÍFICAMENTE DIVERTIDA!

domingo, 25 de outubro de 2015

PROXECTO PREHISTORIA

Esta semana varios nenos/as trouxeron cousas para que podamos traballar a prehistoria:

Ameliana contounos que na peli "The Croods" podemos ver unha aventura prehistórica:


Roy trouxonos a réplica dunha caverna, lugar onde vivían os prehistóricos. Ademais contounos para que utilizaban o lume, como facían a roupa e mostrounos un traxe de cavernícola.


Carolina, Hugo e Xoel trouxeron información sobre dinosauros. Así coñecimos que non viviron na época que investigamos. Cando desapareceron foi cando empezou todo!!

 

Este venres seguimos aprendendo cousas da época, traballamos en equipo para ir completando o "GRAN LIBRO DA PREHISTORIA". Pocuco a pouco veremos mais cousas sobre este traballiño:


                                                                                                      





MAGOSTO

A primeira festa no CEIP DE OLEIROS estaba a piques de chegar... Tíñamos que prepararnos...

Para eso preparamos un soporte para as castañas. Decoramos con gomets un cartón de leite e colocámoslle enriba unha simpática castaña.




Todo listo... Así que o venres fumos o patio de primaria para degustar as castañas en compañía de todos os nenos/as do cole.



PROXECTO: A PREHISTORIA

A semana pasada atopamos a Manny, o mamut peluche que temos na clase, na bolsa de Poqué, e unha tarxeta que puña "Viví en la Prehistoria".




Que é a Prehistoria? Fixemos un debuxo sobre o que sabíamos do tema. Non é moito pero pronto investigaremos e aprenderemos cousas novas, axudádesnos?