CONTADOR DE VISITAS

mércores, 24 de febreiro de 2016

ROSALÍA DE CASTRO

Unha das datas importantes coñecer é o 24 de febreiro, día no que naceu Rosalía de Castro. Por iso, en infantil, decidimos renderlle unha pequena homenaxe dandoa a coñecer aos máis cativos.
Coñecimos a Rosalía a través dun powerpoint que a presentaba, recitamos a poesía "Parece unha rosa" e fixemos uns crebazabezas coa súa imaxe.
Fixemos tres equipos, tíñamos tres puzzles para facer. A cada membro do equipo (que eles mesmos formaron) deilles para pintar unha das pezas de cada crebacabeza. Cando ás remataon, buscaron nos outros equipos os compis que tiñan as pezas que formaban a imaxe completa desta poetísa.
Agora están expostos na entrada do noso cole, xunto cos que fixeron os nosos amigos de 3 e anos.
Quedaron chulísimos, mirade, mirade.











Ningún comentario:

Publicar un comentario