CONTADOR DE VISITAS

sábado, 23 de abril de 2016

TRABALLANDO EN FAMILIA

O xoves recibimos unha visita moi especial, as mamás de Ame e Zoe para axudarnos a facer un papiro exipcio.
Levamos un tempo investigando sobre o Antigo Exipto no que aprendimos moitas cousas. Entre as investigacións que fixemos averiguamos que no Antigo Exipto só uns poucos aprendían a ler e escribir, eran os escribas. Para facelo non utilizaban letras coma nós senon uns signos sagrados chamados xeroglíficos. Os Faraóns sempre ían acompañados dun escriba que anotaba todas as cousas importantes que pasaban. Como non existía o papel anotábano nunhas láminas feitas coa planta chamada Papiro que crecía na beira do río Nilo. 

Como Exipto nos queda un pouco lonxe para ir a buscar a planta fixemos os nosos papiros con cola blanca, café, gasa e cartolina.
A traballar!!!


Só queda pintalos pero como aínda tiñan que secar pedímoslles a Tere e Andrea que volveran outro día para rematar o taller, así que, a vindeira semana terémolas de novo na clase.
Para agradecerlles a visita agasallámolas cun diploma e unha flor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario