CONTADOR DE VISITAS

sábado, 28 de maio de 2016

OBRADOIRO DE COCIÑA

Onte tivemos unha visita moi especial. Isa, madriña de Ame, que vive en Caracas e está aquí pasando uns días de vacacións. Propúxonos facer Arepas, comida típica de Venezuela. Primeiro explicounos os ingredientes que ibamos a empregar (fariña, auga e una pizca de sal). Con eles fixemos a masa, con esta xa ben amasada desmoslle forma de boliña que aplastamos para formar a arepa.
Estas van ao forno pero como non temos na aula, trouxeron unhas cociñadas. Recheámolas con marmelada, nutella ou manteiga a gusto de cada un e... Ummmm, Boísimas!!!!
Despois entregamoslle a Isa un pequeno agasallo para agradecerlle a súa visita e antes de que marchara ensinámoslle o noso patio e xogamos un ratín con ela.
Moitas grazas Isabella!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario