CONTADOR DE VISITAS

venres, 24 de xuño de 2016

REMATOU O CURSO...

Sen darnos conta rematou un curso moi especial no CEIP DE OLEIROS.  Por iso organizamos unha gran festa de despedida. Ao chegar ao cole vimos o lipdup e o video recopilatorio de fotos que puxemos na graduación. Antes de ir para o patio de primaria collimos enerxía cunha merendola. Íbamola necesitar para aguantar toda a festa.







Xa no patio de primaria bailamos a ritmo de zumba, box... e fixemos algúns xogos... Mil grazas aos monitores que viñeron a amenizar a festa. Pasámolo xenial convosco!!!!













E para rematar... A FESTA DA AUGA!! Na que nenos/as e profes acabamos empapados. Foi realmente divertido...








Toca despedirse...

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración en todas as actividades propostas ao longo do curso, sempre participativos!!!

E sobre todo.. NOA, VASTI, XOEL, LUCAS, XAVI, ROY, ZOE, HUGO, AROA, ASIER, XISE, AME, EVA e CAROLINA  grazas por este curso tan estupendo. Moita Sorte en primaria.

Mil bicos da vosa Profe Mónica.


DISFRUTADE DO VERÁN!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario