CONTADOR DE VISITAS

domingo, 25 de outubro de 2015

PROXECTO PREHISTORIA

Esta semana varios nenos/as trouxeron cousas para que podamos traballar a prehistoria:

Ameliana contounos que na peli "The Croods" podemos ver unha aventura prehistórica:


Roy trouxonos a réplica dunha caverna, lugar onde vivían os prehistóricos. Ademais contounos para que utilizaban o lume, como facían a roupa e mostrounos un traxe de cavernícola.


Carolina, Hugo e Xoel trouxeron información sobre dinosauros. Así coñecimos que non viviron na época que investigamos. Cando desapareceron foi cando empezou todo!!

 

Este venres seguimos aprendendo cousas da época, traballamos en equipo para ir completando o "GRAN LIBRO DA PREHISTORIA". Pocuco a pouco veremos mais cousas sobre este traballiño:


                                                                                                      





Ningún comentario:

Publicar un comentario