CONTADOR DE VISITAS

mércores, 14 de outubro de 2015

CREAMOS COMO ARCIMBOLDO

O conto que nos deixou Poqué contábanos algunhas cousas sobre Giuseppe Arcimboldo:

* Naceu en Milán. Italia. Atopámolo no mapa, ten forma de bota con tacón!

*O seu pai tamén foi pintor.

*Gustáballe pintar retratos con froitas e verduras.

OUTONO

*Facía maxia coas súas obras: un bol con verduras ou un home?


Ademais, o conto propúñanos que fixésemos unha obra o estilo do pintor. Para iso recortamos froitas e verduras de publicidade de supermercados... Mirade como traballamos nos nosos retratos:



E onde expoñen os artistas as súas obras… En MUSEOS.. 
Así que lles propuxen facer o noso propio museo. Pero, como podíamos chamalo? despois de varias opcións dadas polos peques o máis votado foi…MUSEO MASCOTAS:




Pouco a pouco iremos completando o noso museo... somos uns ARTISTAS!



Ningún comentario:

Publicar un comentario