CONTADOR DE VISITAS

mércores, 6 de xaneiro de 2016

COUSAS DE NADAL

No mes de decembro, ademais de preparar a actuación para o festival, realizamos diferentes actividades relacionadas co nadal...

AMIGO INVISIBLE
Cada aula preparou un agasallo para regalarllo aos compañeiros/as doutra aula. Nós fixémoslles un adorno para que colgasen na súa arbore da casa e escribímoslles unha postal desexándolles unhas boas festas. Eles regaláronnos un boneco de neve feito con chapas super bonito.


POSTAL FAMILIAS
Para felicitar o nadal as nosas familias elaboramos unha postal super chula. Cando a tíñamos rematada a carteira pasou polo noso cole a recollelas para metelas no buzón das nosas casas. Moitas grazas a carteira por axudarnos na tarefa e esperamos que ás familias lles gustase a sorpresa.


CARTA REIS MAGOS
Escribímoslle a carta aos SSMM Os Reis Magos de Oriente. Para facelo collimos as revistas de xoguetes que tíñamos na biblioteca e recortamos aqueles que queríamos que nos trouxeran. Despois intentamos escribir o seu nome.


BOLSAS TRABALLOS
E para levar para casa os nosos traballos deste primer trimestre decoramos unhas bolsas de papel con motivos navideños. Mirade que bonitas, por un lado un arboliño de nadal e polo outro cada un de nós disfrazados de Rodolfo O Reno.



VISITA
Os nenos da profe Cris de 1º  viñeron a nosa aula a cantarnos unha paixoliña acompañados de pandeiretas. Encantounos a sorpresa!



A NOSA PORTA
A porta na nosa aula estivo decorada con diferentes traballiños que fixemos relacionados coa festa do nadal.







FELIZ ANO 2016!

Ningún comentario:

Publicar un comentario