CONTADOR DE VISITAS

domingo, 31 de xaneiro de 2016

DÍA DA PAZ

Esta semana estivemos moi atareados preparando o día da Paz:

- Escribimos a palabra PAZ en varios idiomas nunha pomba, xuntamos as de todos os nenos do cole e formamos un arco da vella.
- Aprendimos, dramatizamos e cantamos a canción "De que che vale" para o venres facelo todos xuntos no patio dos maiores.
- Escoitamos varios contos relacionados coa Paz: Brancos e Negros, Unha manchea de bicos, Elmer... 
- Elaboramos unha coroa.
- Dramatizamos xestos de Paz
- Fixemolo simbolo da paz: cos nosos corpos e coas Pedras que decoráchesdes nas casas, Moitas Grazas pola vosa participación.

Mirade, mirade:

Ningún comentario:

Publicar un comentario