CONTADOR DE VISITAS

domingo, 6 de marzo de 2016

CONTACONTOS EN RIALEDA

O martes fumos a un contacontos a Biblioteca Rialeda. Alí coñecimos o RATO FUCO, que vive no país LONXE DE TODO lugar de onde chegou para contarnos "Riciño de Ouro e os tres Osos" acompañado de divertidas cancións a ritmo do seu acordeón.
Ademáis, Fuco contounos tamén o "Globo azul" para despois facer un xogo con nós. Chegamos ao nivel 4, entre todos os nenos/as conseguimos aguartar 4 globos polo aire sen que caesen ao chan.
Para rematar a sesión o noso amigo o Rato fixo globoflexia para agasarllarnos cos tres osos que trouxemos para o cole.
Debimos de portarnos moi ben porque a bibliotecaria ao sair regalounos un conto para a nosa bilioteca de aula.
Xa temos ganas de volver, mirade que ben o pasamos...


Ningún comentario:

Publicar un comentario