CONTADOR DE VISITAS

luns, 28 de marzo de 2016

SEMANA ANTES DAS VACACIÓNS

EDUCACIÓN VIAL
Luns, martes e mércores visitounos unha monitora do concello para explicarnos as normas básicas de circulación, tanto para peóns como para conductores. As sesións dos dous primeiros días foron na nosa aula e a terceira consistiu nun circuito para poñer en práctica o que aprenderamos.



HORTO ESCOLAR
Por fin o tempo deixounos sair a horta. Zara, a nosa profe de horta, explicounos que para empezar a plantar tíñamos que preparar a terra e por iso empezamos por limpala: quitamos as pedras, arrancamos as malas herbas... Para rematar a sesión, contounos un conto no patio.







VISITA MAMÁ DE ROY
A Roy chegoulle unha carta dos seus amigos do cole de Pontevedra, estaba contentísimo de saber deles.


 E como as cartas hai que contestalas, a mamá de Roy acompañounos nunha sesión para que axudásemos a Roy a escribir a carta. 









Moitas Grazas Sonia!!!

LAGOA DE MERA
O xoves saímos do cole para visitar a Lagoa de Mera, acompañados dos profes Fran e Marta e cos nosos compañeiros/as da clase de 4 anos.

O primeiro que vimos foi unha gran chimenea, Fran explicounos o que cocian nela fai moitos anos, ladrillos feitos con barro que sacaban do que hoxe é a Lagoa. Despois achegámosnos a lagoa para ver patos mudos, gansos, gaivotas...  Vímolos tamén a través duns prismáticos.

Depois de merendar atopámosnos con Leda, unha ornitóloga que estaba observando a Lagoa. Contounos que alí vivía un trasno, intentamos atopalo pero foinos imposible.

Continuamos dándolle de comer aos animaliños que viven alí e xogando no parque.

Antes de voltar para o cole fumos a praia de Santa Ana a recoller cunchas...

Mirade que fotos máis chulas






FESTA DA PRIMAVERA

O venres para celebrar que chegaban as vacacións e que a primavera ía comezar fixemos unha pequena festa con todos os nosos compis. Comimos chuches e despois xogamos no patio.





FARAÓNS/AS DE NÓS
Para rematar o último día do 2º trimestre disfrazámonos de faraóns e faraonas con algunha das manualidades que fixemos ao longo do trimestre. Seguiremos a investigar sobre o tema nas próximas semanas.







Ningún comentario:

Publicar un comentario