CONTADOR DE VISITAS

domingo, 1 de novembro de 2015

SAMAÍN

Esta semana con motivo da celebración terrorifica do Samaín fixemos varias actividades, queredes velas?

* Decoración de cabazas: cada neno/a trouxo unha cabaza que decorou en colaboración coas familias. Estiveron expostas no corredor. Mirade que chuladas,
Moitas grazas por participar:




*Conto de medo: O luns atopámonos a Poqué cun conto e coas gafas máxicas: Era un conto especial. Grazas ao conto cada un falou dos seus medos...



Pensamos en eso que nos daba tanto medo... e mirade que cara se nos quedou:


Coas fotos fixemos un traballiño que decorou a porta da clase:


* Queimada dos medos: falamos de que os medos debiamos superarlos e saber convivir con eles, ás veces non desaparecen de todo pero si nos permitiran levalos mellor.
Así que escribimos/debuxamos o nosos medos e os queimamos, despois de decir un conxuro.









*Taller de maquillaxe: Mirade que guapos!




*Fumos de paseo polo cole para ver as portas das outras aulas e as súas cabazas:







* O xoves viñemos disfrazados ao cole, estabamos todos moi guapos,pero dábamos un pouco de medo. Ademais, cos nosos amigos/as de 3 e 4 anos vimos a peli "A bruxa regañadentes" e fixemos un desfile para que todos viran os nosos disfraces.






Tamén recibimos unha visita sorpresa: os nenos/as de 1º viñeron a ensinarnos as galletas que fixeran. Chulísimas!!!



FOI UNHA SEMANA TERRORÍFICAMENTE DIVERTIDA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario