CONTADOR DE VISITAS

domingo, 22 de novembro de 2015

PREHISTORIA

Aroa trouxonos esta semana un mural con moita información sobre esta etapa. Explicouno moi ben: como facían lume, os instrumentos que fabricaban para cazar, que intentaron a roda que lles facilitaba o traballo...
Moitas grazas Aroa e a súa familia por axudarnos na nosa investigación!


A semana pasada coñecimos que no Neolítico os prehistoricos eran cazadores, pescadores e recolectores. Ademais de plasmalo no noso gran libro da prehistoria fixemos unhas canas de pescar.

1º pintamos un tubo de papel de cociña (pao)
2º coloreamos e pegamos papeliños nun pez
3º armamos a cana de pescar cun fio de lá, unindo o tubo co peixe (tendónsde animais ou pita).

Mirade como as fixemos:
O resultado verémolo esta semana,






Ningún comentario:

Publicar un comentario