CONTADOR DE VISITAS

mércores, 25 de novembro de 2015

PRÉSTAMO DE CONTOS

Comezamos cunha nova actividade. Cada neno/a trouxo ao cole un conto para compartir cos seus amigos/as. Os xoves levarán un para casa, o luns volverá a escola. O obxectivo é promover entre os nenos/as o gusto pola lectura e os contos.
Para organizar os préstamos contamos cunha taboa de dobre entrada. Cada conto ten un número, cada neno/a pegará un gomet en forma de círculo no cadro correspondente, cando o devolvan porán enriba do circulo un triángulo. Deste modo serán eles os responsables do préstamo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario